AS Computer Blog

Volver al blog

Consellos para coidar o teu corpo se traballas fronte a un ordenador

Consellos para coidar o teu corpo se traballas fronte a un ordenador

Na actualidade resulta extraño atopar un traballo que non implique en maior ou menor medida o uso dun ordenador. Para levar a cabo tódalas tarefas que o noso traballo require, pasamos moitas horas fronte a unha pantalla, expoñendo os nosos ollos a unha luz intensa; sentados nunha posición que non é a correcta na maioría dos casos, o cal pode derivar en dores nas costas, e forzando os nosos pulsos co uso do rato e o teclado.

Para evitar sufrir molestias e lesións, é preciso crear hábitos máis saúdables cando traballamos. Son pequenas accións que non requiren gran esforzo e que sen dúbida o noso corpo nos agradecerá enormemente.

 

Fai pequenos descansos pero frecuentes

Quizais penses que pasar 4 horas seguidas traballando sen descanso é a mellor forma de facer todo máis rápido e ser máis produtivo. Pensar isto é un erro. De feito, logo dunha media hora o cerebro comeza a perder o foco de atención sobre o que estás facendo e o teu rendemendo vai descendendo a medida que te fatigas.

O ideal sería tomar pequenos descansos duns 5 minutos entre cada media hora de traballo. Non é necesario que te tomes moito tempo, simplemente o xusto para estirar as pernas e apartar a vista da pantalla.

 

Protexe os teus ollos

Algo moi común entre os que empregan moitas pantallas é a fatiga ocular. Se traballas en fronte a un ordenador todo o día, chegas á casa e te pos a ver a televisión e durante os anuncios whatsappeas, non te sorprendas se a túa vista se cansa, se tes dores de cabeza ou che choran os ollos. Para non andar pola vida cos ollos irritados e chorosos, repite o primeiro consello: fai pausas.

 

É preciso durante os descansos alonxar a vista da luz da pantalla e relaxala mirando ao horizonte. O uso dun colirio para hidratar os ollos é unha boa idea. Outro factor a ter en conta é a iluminación da oficina e o brillo da pantalla. Non traballes nunha sala escura cun brillo de pantalla moi elevado, ou os teus ollos van sentir o impacto de xeito moito máis forte. Intenta estar nunha sala ben iluminada e calibra o teu monitor para forzar menos a vista.
 
 

Escritorio

Utiliza unha boa cadeira

Se vas a pasar a maior parte do teu día sentado nunha cadeira o mellor é que sexa boa. Investir diñeiro nisto é tan indispensable como a compra dun bo colchón para durmir ben. O ideal sería ter unha cadeira ergonómica, cun bo soporte, á altura axeitada en relación co escritorio, que sexa cómoda, e teña soporte para a cabeza e os brazos.

 

Coida os teus pulsos

Unha das partes do corpo que sofre máis do uso do ordenador son os pulsos. A síndrome do túnel carpiano ou as tendinites adoitan ser enfermidades incapacitantes que afectan a un gran número da poboación e que por desgracia, non teñen tratamentos efectivos.

Unha das accións que se poden adoptar para evitar esta doenza é o uso de accesorios ergonómicos como guantes, teclados con soporte e un rato cómodo, que diminúan o impacto sobre os pulsos.

 

 Mantente activo

Canto máis tempo pasamos sentados, menos calorías gastamos. Tamén se reduce a nosa corrente sanguínea, a actividade eléctrica nos nosos músculos e a efectividade da hormona insulina para metabolizar a glucosa (aumentando o risco de padecer diabetes). Pasar demasiado tempo sentados non só fai que gañemos peso, senón que nos dificulta a súa perda aínda que comamos mellor e fagamos exercicio.

É moi importante non permanecer sentados por máis de 30-60 minutos continuos, e interromper con algunha actividade para evitar os efectos prexudiciais. Levantarte 5 minutos para mover o corpo un pouco, e facer algo de exercicio cada día, ou alomenos tres veces por semana, é suficiente para manter un bo estado de saúde.

Haz un comentario

Buscar
AS Computer Authorized Reseller Adobe AS Computer Servicio Técnico Autorizado Apple y Solution Expert Educación Apple
Este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios y ofrecerte una mejor experiencia online. Si continúas navegando, consideramos que aceptas el uso de las mismas. Puedes cambiar la configuración aquí ACEPTAR
Aviso de cookies