AS Computer Blog

Volver al blog

As 5 mellores apps de fotografía para iPhone e iPad

As 5 mellores apps de fotografía para iPhone e iPad

 

Tódolos días se fan máis fotos co iPhone que con ningunha outra cámara; supuxo unha auténtica revolución e unha nova forma de entender a fotografía. Ademais, coas prestacións cada vez máis potentes que vai incorporando, sacar fotos incribles tórnase cada vez máis doado e accesible.

Á par disto, produciuse un desenvolvemento das aplicacións que teñen a fotografía como fío condutor e que nos permiten editar e compartir as nosas instantáneas co mundo. Hoxe fixemos unha selección das que para nós son as 5 mellores apps de edición fotográfica para usar no iPhone e no iPad.

 


Camara +

 Camara +

É unha das aplicacións de fotografía máis famosas que podemos atopar na App Store. Entre moitas outras cousas, Camara + inclúe unha cámara que ofrece enfoque e exposición táctiles, zoom dixital, balance de brancos e varios modos de disparo. É moi sinxela de utilizar, co cal, un excelente complemento á cámara por defecto de iOS.

Logo de sacar unha foto pode editarse cos filtros que trae a app, endereitarse, recortala, modificar a exposición e o contraste, entre outros moitos axustes.

Prezo: 2,99 €

 

Snapseed

 Snapseed

É unha aplicación que ofrece unha sinxela pero potente interfaz para que calquer persoa poida mellorar as fotos que realizou e obter resultados case profesionais. Ofrece axuste automático, axuste selectivo, algúns filtros interesantes, a opción de axustar os parámetros en diferentes partes da imaxe e moito máis.

Prezo: Gratuita

VSCO Cam

 VSCO Cam

A app ofréceche a posibilidade de aplicar filtros e editar os axustes básicos tanto das fotos que importes como das que captures directamente coa cámara do dispositivo. VSCO Cam ofrece unha serie de filtros gratuitos e outros adicionais que se poden mercar na app. Permite establecer o nivel de intensidade que queres aplicar en cada foto, modificar a exposición, temperatura, contraste ou o tamaño da fotografía.

A app sabe ser sinxela e engadir simplemente filtros para aqueles que non queiran complicarse ou acceder a moitas máis opcións se así o necesitas. Tamén funciona como unha rede social.

Prezo: Gratuita

 

Adobe Photoshop Express

 Adobe Photoshop Express

Con esta app poderás tomar fotos, editalas e compartilas fácilmente. Adobe Photoshop Express fai que a edición de fotografías sexa divertida, rápida e atractiva. Consigue imaxes máis impactantes con filtros; ou axusta o contraste, a exposición e o balance de blancos cun simple toque.

Por tempo limitado poderemos utilizar o Adobe ID dunha conta gratuita para acceder ás funcións de pago, tales como reducción de ruido, premium looks e looks personalizados, sen cargo algún.

Unha das mellores ferramentas que ofrece é a posibilidade de editar as imaxes accedendo dende a túa conta de Adobe Creative Cloud. E sempre poderás compartir o resultado en redes sociais ou envialo por Whatsapp.

Prezo: Gratuita

 

Instagram

Instagram

Instagram é en realidade unha rede social para compartir as nosas fotos, pero tamén ten algunhas características de edición de imaxes. Para usala, é preciso crear unha conta ou rexistrarse mediante Facebook. Permítenos seguir persoas para ver as fotos que comparten e engadir as nosas propias fotos a partir da fototeca do noso iPhone e, a continuación, facerlles pequenos axustes e engadirlles filtros.

Despois de subir a nosa imaxe a Instagram tamén podemos compartila noutras redes sociais como Twitter, Facebook, Tumblr e Foursquare.

Prezo: Gratuita

 

Haz un comentario

Buscar
AS Computer Authorized Reseller Adobe AS Computer Servicio Técnico Autorizado Apple y Solution Expert Educación Apple
Este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios y ofrecerte una mejor experiencia online. Si continúas navegando, consideramos que aceptas el uso de las mismas. Puedes cambiar la configuración aquí ACEPTAR
Aviso de cookies