AS Computer Blog

Volver al blog

Ideas para agasallar en AS Computer

Ideas para agasallar en AS Computer

 

Un cumpreanos próximo? É o Día do Pai, da Nai, Nadal ou San Valentín? Non importa o evento, os produtos que vos amosamos a continuación son perfectos para agasallar en calquera ocasión.

Apple TV (4ª xeración)

O Apple TV é un agasallo para toda a familia. Con infinidade de películas, series e partidos en directo de apps como Netflix, Qello Concerts, Tastemade, Vevo e iTunes, a diversión para todos os gustos está asegurada. E cos xogos e apps da App Store, podes montar un ximnasio, unha aula, un salón de xogos ou o que se che ocurra. Podes empregar a voz e o tacto para interactuar coa nova interfaz do Apple TV. Busca contidos e abre apps como se nada ou pídelle a Siri o que queiras co mando Siri Remote.


 

iPhone 6s

O iPhone 6s ten unha impresionante pantalla Retina, un rendemento incrible, tecnoloxía 3D Touch, Live Photos, conexión inalámbrica ultrarrápida e batería de longa duración. Por non falar dun deseño inconfundible. Pero o iPhone non é só unha lista de prestacións. A súa perfecta integración con iOS 9 permite que todo vaia como a seda. Por exemplo, facer fotos e vídeos espectaculares coas cámaras integradas é o máis fácil do mundo. Tanto como protexer a túa información con Touch ID, que usa a túa pegada dactilar como contrasinal. Por iso e moito máis, non hai nada como o iPhone.


 

iPad mini 4

Co iPad mini 4 tes unha pequena superpotencia de só 0,61 cm de grosor e 299 g de peso, así que podes usalo facilmente cunha man. Ademais inclúe un avanzado chip A8 e unha espectacular pantalla Retina de 7,9″ con película antirreflectante. E dáche ata 10 horas de autonomía. Ademais vén de serie con apps incribles para traballar e crear, e novas prestacións de iOS 9 como a multitarea mellorada. Queres máis? Na App Store espérache un mundo de aplicacións.


 

 Watch

O Apple Watch está fabricado con aliaxes especiais pensadas para facelo ultrarresistente á vez que elegante. Os reloxos da colección Apple Watch Sport veñen con caixa de aluminio anodizado con acabado en prata, gris espacial, ouro e ouro rosa. Os modelos Apple Watch están feitos de aceiro inoxidable ou aceiro inoxidable en negro espacial. Cada caixa está dispoñible en dous tamaños: 38 e 42 mm, e podes elixir entre toda unha gama de correas intercambiables de distintos materiais. O Apple Watch incorpora tecnoloxías avanzadas como a Dixital Crown, o Taptic Engine e Force Touch. Ademais ofréceche ata 18 horas de autonomía para que non o quites en todo o día.


Powerbeats2 Wireless

Na rúa ou na cancha… os Powerbeats2 inalámbricos permítenche facer exercicio en calquera parte. A tecnoloxía Bluetooth® inalámbrica ofréceche a posibilidade de conectarte ao teu dispositivo mediante Bluetooth® a unha distancia de ata 9 metros para desprazarte con total liberdade sen perder a concentración no adestramento. Ademais, as 6 horas de autonomía da batería acompañaranche ata o final. No caso de que vaias quedarte sen batería, a carga rápida de 15 minutos ofrece unha hora extra de reprodución continua.

 

Haz un comentario

Buscar
AS Computer Authorized Reseller Adobe AS Computer Servicio Técnico Autorizado Apple y Solution Expert Educación Apple
Este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios y ofrecerte una mejor experiencia online. Si continúas navegando, consideramos que aceptas el uso de las mismas. Puedes cambiar la configuración aquí ACEPTAR
Aviso de cookies